Texto
arquitecturadegalicia.eu é un proxecto que trata de albergar a arquitectura contemporánea realizada en Galicia nos últimos 60 anos, nun proceso de constante actualización e selección. É un catálogo dinámico que ficha a ficha aspira a desvelar a arquitectura galega máis próxima.
Mapeamos as aforas das nosas miradas
Percibiamos un baleiro, o descoñecemento da arquitectura do noso entorno. Non sabíamos como foron as arquitecturas nin quenes foran os arquitectos que construíran as nosas cidades, pobos, aldeas ou barrios. É unha arquitectura de calidade paralela á súa contemporaneidade pero que pasa desapercibida.
Sinalar pode ser unha boa acción subversiva, varía a forma de ver o obxecto sinalado. Clarifica o xeito de vivir o cercano. Saber como se chama o teu veciño é o primeiro paso para crear un vecindario, de auto construir un hábitat cohesivo. Coñecer e recoñecer a arquitectura veciña, convirte a cotidianidade nunha experiencia arquitectónica enriquecedora, outra cidade nace nese momento.
A filosofía de arquitecturadegalicia.eu é apostar pola experiencia arquitectónica ante a dictadura da fascinación visual á que estamos sometidos. Toda obra está asociada a un lugar. Un punto no territorio que permita ao navegante web poder vivir a arquitectura mostrada. Unha parte indisociable do proxecto está no fomento desta experimentación espacial, que é fundamental na compresión da obra.
Non somos expertos, son maiores as nosas incertidumes que os nosos lugares de confort. Alzamos a mirada para atopar o extraordinario do ordinario, tratando de coller perspectiva dos diferentes tempos e maneiras de facer e procurando atopar un proceso de converxencia espontánea que nos reconforta na rede. Con máis de 125.000 visitas xa se converteu nunha referencia en Galicia. Tamén nas redes sociais (facebook, twitter e flickr) e na aplicación móvil para android.
Enlace:arquitecturadegalicia.eu
web
A web
Trátase dun buscador que permite atopar información sobre o que precisemos de forma rápida e sinxela.
CATEGORÍAS
Arquitectos
Na web dispoñemos dunha lista de máis de 275 arquitectos e estudos de arquitectura
Usos
As obras están clasificadas dentro de 27 categorías e subcategorías atendendo ó seu uso: deportivo, residencial, hoteleiro, educativo, sanitario...
Premios
Pódense atopar as obras galardoadas cos premios relevantes concedidos en Galicia: Premios COAG, Xoana de Vega, Enor Galicia, BEAU, Premio Galego de Arquitectura Sostible, Premio Rodríguez Peña, Gran de Area e Manuel Gómez Román.
Mapa
Todas as obras están xeolocalizadas. A base de datos do mapa pódese descargar para visualizar en dispositivos móviles ou en ordenadores.
Funciona nas aplicacións máis comúns, como o Google Earth, Google Maps, e os arquivos descargables son recoñecidos por tódolos programas de SIX (Sistemas de Información Xeográfica)
Os puntos que cubren o mapa de Galicia teñen asociada unha pequena ficha coa información básica da obra. Da mesma forma inclúese unha ligazón a través da cal se pode acceder ó contido completo na web.
A base de datos actualízase diariamente. A través das novas ferramentas implantadas na web pódense realizar pesquisas concretas sobre o mapa, filtrando a información que o usuario escolla.
Antes da crítica
Despois de dous anos no proxecto arquitecturadegalicia.eu decidimos dar un novo paso. Despois de ter recopiladas máis de 600 obras clasificadas e xeolocalizadas decidimos ir alén da descripción ou da simple clasificación. Pasaremos a falar directamente cos arquitectos, coa xente que vive nas obras, cos visitantes...
Unha vez damos este paso, somos conscientes da realidade na que entramos, o mundo da crítica.
Falaremos de todo aquilo que pode ter algo que comentar, salientar, criticar no sentido máis xeral e entendido en todos os seus puntos de vista. Vamos a separar o trigo do soio. O feito de criticar non se quedará simplemente en falar do que non gusta. Falaremos das realidades que vemos habitualmente, desde o punto de vista máis analítico, como se podería falar dende a historia, a teoría e crítica, falar de tipoloxías e facer ensaios da maneira máis convencional.
Miraremos con moitos puntos de vista, un ollar analóxico, imitando o que fixo Venturi no seu momento nos seus textos críticos. Ollaremos dende o interior e dende o exterior, afastándose, mirando desde onde se miran as obras das que falaremos.Aprendendo de Ignasi de Solá Morales, falaremos de lóxicas que levan á forma, o ollar alusivo, utilizando a arquitectura como pretexto, non como texto. Discutiremos a ideas no seu conxunto.
Intentaremos aprender desaprendendo o que levamos visto, analizar problemas e causas e intentaremos establecer unhas regras de xogo para que os artigos sirvan para máis que ilustrar e acompañar as fotografías dunha obra. Contextualizaremos, veremos aquilo que aporta aquilo do que estamos a falar fóra do seu contexto. Estamos nun momento de cambio, temos que entendelo e saber velo, e ver a responsabilidade que os arquitectos temos sobre o que nos rodea, e neste caso como críticos, sabemos que sen a crítica non hai arquitectura, só hai mercado.
Este texto pretende ser un manifesto de aquilo que pensamos como grupo, un resumo de todo aquilo que se leva falado e empezará a levarse a cabo nos artigos seguintes.
#fotografarq
Unha das maneiras que mellor acompañan a aprendizaxe e o coñecemento da arquitectura é empregar a fotografía como medio vinculante, como ferramenta que permite levar á nosa memoria un momento de visita a unha cidade, a un edificio, a un espazo público.
Por medio dunha serie de visitas guiadas nas que nos acompañarán fotógrafos profesionais e arquitectos, coñeceremos de primeira man algúns dos porqués dos espazos que habitamos. A intención de arquitecturadegalicia.eu é, por medio destas visitas, fomentar o interese no público non profesional, en estudantes que comezan a aventurarse na profesión.
A incorporación de fotógrafos profesionais a estes encontros puntuais engade o punto de vista técnico e artístico, e achega as maneiras de afrontar un reto como pode ser a fotografía de arquitectura e espazo público. Presentamos así un programa de conferencias e visitas que comezou no mes de setembro na Fundación Luis Seoane e seguirá tendo continuidade ó longo do curso escolar debido ao seu éxito.
Puidemos contar coa presenza de Juan Rodríguez e Héctor Santos Díez como fotógrafos invitados nos dous primeiros #fotografarq e xa estamos a argallar o terceiro.
Enlace:arquitecturadegalicia.eu